A VeigaConcellosÚltima hora

Un home sofre un accidente cunha rozadoira no municipio da Veiga

 

Contra as oito da tarde deste sábado 19 de xullo, o 112 Galicia recibía o aviso dun familiar dun home que sufrira “un accidente cunha rozadoira no lugar de Candeda, no municipio da Veiga, insistindo na delicada situación do señor”.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaban a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación ao lugar dos feitos. “Pola súa banda, os familiares estaban alarmados pola situación do ferido, con posible perda do pé e de moito sangue”, indican dende o 112.

Para apoiar as labores do equipo médico, tamén era avisado o GES da Veiga e a Garda Civil.

 

Back to top button