ConcellosO BarcoÚltima hora

Un incendio no baixo dunha asesoría no Barco mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Na mañá deste venres 27 de marzo os bombeiros tiñan que intervir nun incendio no baixo dun edificio no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras.

O local, ocupado por unha asesoría, está ao lado da oficina de Correos, sendo o seu persoal o que informaba de gran cantidade de fume arredor das 8:15 horas, cando daban aviso ao 112 Galicia.

 

 

Ata o lugar desprazábanse membros do GES Valdeorras, da Garda Civil, da Policía Local e do parque de bombeiros que, por precaución, desaloxaban temporalmente o edificio. Ata o lugar tamén acudía a tenente alcalde do Barco, Margarida Pizcueta.

Arestora, tanto as dependencias de Correos como as da asesoría permanecen aberta para a súa ventilación.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button