Pouco antes das seis da tarde deste martes 23 de setembro, saltaba no 112 Galicia a alarma dun incendio indutrial nunha nave na Probra, no concello do Barco de Valdeorras.
O lume producíase no silo da nave que os propietarios intentaban apagar, sen conseguilo, sendo finalmente os bombeiros do parque comarcal os que realizaban os traballos de extinción.
Ata o lugar acudía tamén a Garda Civil.
