
A Asociación de Mulleres de Almendralejo (AMA) confeccionou un ‘mandala’ de gancho, co escudo da Rúa, para que sexa colocado nas rúas da cidade, acompañando a outro case milleiro de elaboracións decorativas similares.
Trátase dunha iniciativa na que veñen traballando as integrantes da asociación almendralejense que preside Toni Calvo e que sempre se mostrou moi empática co irmandamento entre as dúas localidades.

Encabezando un numerosísimo grupo de debuxos, deseños e ilustracións, os ‘mandalas’ coa bandeira de España, de Estremadura e de Almendralejo adoitan encabezar a serie que se coloca con motivo das festa de verán nas rúas máis céntricas da cidade. Grazas a esta iniciativa da AMA, a partir deste ano ocupará un lugar de privilexio na mesma o escudo e as cores da vila irmá da Rúa.
