OurenseÚltima horaVídeos

Un milleiro de participantes na I Carreira Solidaria da Garda Civil en Ourense

Esta actividade benéfica en apoio á Asociación Por Eles TEA está promovida pola Comandancia da Garda Civil de Ourense dentro do programa de actos da súa patroa, a Virxe do Pilar

 

Dende a praza Maior de Ourense comezabana darse as saídas ás 11h. deste domingo 6 de outubro da I Carreira Solidaria en apoio á Asociación Por Eles TEA, que a Comandancia da Garda Civil de Ourense organiza dentro da semana de actos conmemorativos con motivo da súa patroa, a Virxe do Pilar. Este evento deportivo e benéfico congregaba a uns mil participantes.

Previamente, ás 10:30h. tiña lugar na mesma praza Maior un acto coa presenza de autoridades, entre elas o o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo, quen destacaba que esta carreira reflexa o “carácter da institución” e agradecía o labor das persoas que a fixeron posible, cunha mención especial á dedicación na mesma do capitán da Garda Civil de Tráfico, Javier Barja; así como a participación. Xunto a el estaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o deputado de Representación Institucional da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacóme, ademais da presidenta da Asociación Por Eles TEA, entre outras persoas.

 

 

Media hora despois dábanse paso ás saídas das diferentes probas. A primeira era a infantil, cun percorrido de 100 metros dende a rúa Lamas Carvajal para os cativos de ata 6 anos. Ás 1:15 horas, era a quenda dos nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, cunha carreira de 700 metros dende a praza Maior. E, por último, tamén dende esta praza, ás 11:30 comezaba a proba absoluta.

 

 

Esta actividade complementábase cunha exhibición dos medios cos que conta a Comandancia de Ourense, que estará sita na praza Bispo Cesáreo, de 9:30 a 14 horas. Nela participaban 30 efectivos pertencentes ao servizo aéreo, unidade de seguridade cidadá, protección á natureza, desactivación e localización de explosivos, rescate en montaña, actividades subacuáticas (provistos cunha embarcación de rescate), axentes caninos, drons e cabalería.

Fotos e vídeos cedidos pola Garda Civil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button