OurenseÚltima hora

Un motorista perde a vida esta madrugada en Oímbra, tras unha saída de vía

 

Un motorista perdía a vida esta madrugada no municipio de Oímbra. “Era o único vehículo implicado e o único ferido neste accidente, que se produciu na OU-1011, na Ponte de Oímbra”, segundo informa o 112 Galicia, que recibía información sobre o suceso preto da unha desta madrugada mediante un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que estaba a enviar unha dotación ao lugar do accidente. Nese intre, os profesionais sanitarios xa avanzaban que o motorista estaba inconsciente”.

Producíase unha saída de vía pola marxe dereita e posterior choque contra barreira de protección metálica de motociclet, segundo os datos da Garda Civil.

“Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Verín. Non obstante, a única vítima do accidente estaba liberada e accesible. Do mesmo xeito, os axentes de seguridade puideron comprobar que era o único vehículo implicado e tamén a única persoa implicada”, indica o 112 Galicia.

A persoa falecida era veciña de Oímbra.

Back to top button