Pouco antes das seis da tarde deste sábado 5 de setembro producíase un accidente de tráfico no termo municipal de Viana do Bolo no que se vía implicada unha moto. Tal como indican dende o 112 Galicia, trátase “da saída de vía dunha moto no quilómetro 5 da OU-533” na que resultaba ferida unha persoa que era trasladada ao hospital de referencia, segundo confirman dende o GES da Gudiña.
Ademais do GES, ata o punto acudían Urxencias Sanitarias do 061 e Garda Civil de Tráfico.
Fotos cedidas.