EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un navarro, autor do cartel promocional da XXVI Feira do Viño de Valdeorras

O autor, Raúl López Martín recibirá un premio dotado con 1.000 euros pola súa proposta “Explosión de Viño”

 

A XXVI Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco de Valdeorras), os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño, xa ten cartel promocional. Vén de darse a coñecer o fallo do concurso convocado, sendo a proposta gañadora “Explosión de viño”, cuxo autor é de Estella-Lizarra (Navarra). Este traballo foi escollido entre un total de 55 presentados. O seu autor é Raúl López Martín, licenciado en Belas Artes, diseñador gráfico e ilustrador.

A gráfica do cartel seleccionado evoca a figura dunha botella, debuxada tras unha explosión de viño, que posúe dúas versións de cor, emulando as variedades brancas e tintas da D.O. Valdeorras. O xurado valorou especialmente o “impacto que provoca a gráfica do cartel” e a súa “versatilidade á hora de adaptalo a diferentes aplicacións” que son necesarias nas accións promocionais da feira.

Raúl López recibirá un premio de 1.000 euros.

O xurado

Nesta ocasión, formaron parte do xurado, a tenenta de alcalde de Vilamartín, Sherezade Núñez; o fotógrafo, Javier Brasa; a deseñadora, Verónica Vieira; a xornalista Raquel F. Cruz; e a secretaria do Consello Regulador, Patricia de Andrés.

 

Back to top button