ConcellosÚltima hora

Un novo vial mellorará a circulación na rúa Caleras do Barco

O Concello prevé asinar un convenio de cesión con dous propietarios de terreos
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A conexión por estrada da rúa Caleiras co resto do Barco mellorá en breve. O convenio do Barco ten previsto asinar un convenio de cesión con dous propietarios de terreos desta zona da vila co fin de abrir un novo vial. “Cada un deles cederá 7 metros de ancho para poder facer este vial provisional. Os coches que irán pola rúa Caleras, polo tanatorio e sairán por A Regas. Faremos un circuíto co cal o tráfico será máis fluído”, explicaba na mañá do 5 de decembro en rolda de prensa o alcalde do Barco, Alfredo García. A rúa terá un carril para o tráfico e tamén un espazo para o paso de peóns e dotarase de iluminación.

Nesta mesma comparacencia ante os medios, Alfredo García anunciaba que Adif está a traballar nun proxecto para construír un paso subterráneo que conectaría a rúa Caleras co outro lado da vía, á altura da rúa Santa Rita. “Este é o lugar que se baralla nestes momentos”.

Texto: O Sil/Redacción Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button