OurenseÚltima hora

Un operario falecido e outro ferido nun accidente nunha plataforma elevadora en San Cibrao das Viñas

 

Na mañá deste martes producíase un accidente nunha plataforma elevadora nas obras das vías de ferrocarril que se levan a cabo en San Cibrao das Viñas, no que falecía un traballador e outro resultaba ferido.

Tal como indican dende o 112 Galicia, recibían o aviso contra as 10 horas, cando “un particular informou de que un operario quedara atrapado por unha peza da maquinaria cando se atopaba nun elevador, e apuntou xa durante a chamada a posibilidade de que estivese falecido”.

Acto seguido, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizaba a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e ao GES do Pereiro de Aguiar.

Unha vez no lugar, “os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do traballador atrapado”, din dende o 112, engadindo que os bombeiros tiveron que intervir para liberar o corpo do falecido, que quedara atrapado e ademais, “outro operario sufriu unha lesión nunha perna”.

 

Back to top button