En portadaÚltima hora

Un panel internacional de catadores valorará os viños da D.O. Valdeorras e os seus premios entregaranse o 20 de xuño

Foto: Carlos G. Hervella.

 

“A calidade dos viños de Valdeorras volve poñerse a proba”, así o asegura o Consello Regulador desta Denominación de Orixe, que vén de anunciar que o 19 de xuño un panel internacional de catadores avaliará as referencias participantes nunha cata que reunirá a profesionais procedentes de España, Portugal e Alemaña.

Será, segundo vén de facer público o órgano reitor, “unha xornada de análise, experiencia e coñecemento na que participarán tanto membros do panel habitual como catadores invitados”. Os premios desta cata entregaranse o 20 de xuño, en horario de tarde, no Hotel Paladium de Vilamartín de Valdeorras.

Back to top button