EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Un paseo polo mercadiño do 14 Entroido de Verán de Trives

 

Artesanía de moi diverso tipo (dende coiro ata lousa), produtos gastronómicos como meles, embutidos, queixos ou licores, así como cosmética natural, xoguetes… Eran moitos e moi diversos os produtos que podían atoparse no mercadiño do 14 Entroido de Verán de Trives, que abría as súas portas no casco antigo da vila neste sábado 10 de agosto e que poderá visitarse tamén na xornada do domingo.

 

 

Entre os postos tamén había presenza de entidades como o CD Trives ou o Moto Club Os Esquíos. Os visitantes aproveitaban tamén o mediodía para desfrutar das terrazas da hostalaría trivesa e tamén dunha tapa de pulpo, entre outras petiscadas.

Ademais, ás 12:30h. tiña lugar unha sesión vermú a cargo das Macizas Centrais. Os actos do Entroido de Verán, que promove A Caniceira continuarán con máis actividades ao longo da fin de semana.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button