
Música, acrobacias, moda, homenaxes e agasallos. Moi completa foi a edición deste ano da Pasarela de Moda do CCA O Barco que se celebraba na tardiña deste sábado 27 de setembro na praza Andrés de Prada e que presentamos en vídeos.
Conducida pola presentadora e cantante Fátima Pego, desfilaron nesta edición: Casabella e Koki de moda infantil; e Montglam, N37, Garoba, Döce Ópticos, Can Can e Miranda X co Periódico O Sil. Tamén actuou Acróbata Reyna e houbo unha homenaxe aos anteriores presidentes do CCA.
Foto e vídeos: Mónica G. Bellver.