OurenseÚltima hora

Un pescador resulta ferido ao golpearse cunhas rochas no río Arnoia en Xunqueira de Ambía

 

Arredor das 17:45h. deste domingo, 21 de marzo, un pescador resultaba ferido ao golpearse e quedar atrapado nunha zona rochosa do río Arnoia, ao seu paso por Xunqueira de Ambía, tal e como informa o 112 Galicia.

“Segundo os datos facilitados polos voluntarios de Protección Civil da localidade, o home puido saír do río coa axuda doutro pescador, aínda que necesitou asistencia por un golpe que sufrira na cabeza”, indica o 112 Galicia.

Nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xinzo, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira de Ambía e dos axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button