A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Un pouco de vida entre a desolación deixada polo lume na paisaxe da Rúa

 

A veciñanza da Rúa acostumada a andar e percorrer o monte, outrora frondoso e verde da contorna, percórreo estes días, abrumada pola desoladora estampa que deixou o paso do lume. Un exemplo témolo nun veciño de Fontei que onte visitaba a zona cero do desastre neste municipio valdeorrés, xunto ao vertedoiro que segue ardendo.

 

 

“Veume á mente a imaxen de Sodoma e Gomorra despois do castigo Divino. Espero que os “poderes” se poñan de acordo en remedialo, si poden, que esa é outra”, di, destacando que de toda a flora existente na zona que tanto preocupa “só un pequeno érbedo e unha planta de estramomio se salvaron das chamas”, polo que avanza ilusionado que “volverá a vida”.

 

 

Ver vídeo

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button