SanidadeÚltima hora

Un proxecto da área sanitaria ourensá e da Escola de Enfermería, 2º Premio Nacional Afectivo-Efectivo

Este traballo destaca a importancia da formación e sensibilización dos profesionais sanitarios máis novos para mellorar a comunicación e a calidade asistencial do paciente e fomentar unha visión positiva cara ao proceso de envellecemento

 

Un proxecto de humanización da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e da Escola Universitaria de Enfermaría vén de acadar neste 13 de novembro o segundo premio nacional do Foro Afectivo-Efectivo que recoñece as boas prácticas de proxectos de saúde realizados en España, contribuíndo así ao recoñecemento e difusión de iniciativas en saúde, que reforzan valores imprescindibles para unha medicina máis humana e eficaz cunha atención sanitaria centrada nas persoas.

Coa edición deste ano, cúmprese unha década de proxectos e premiados vinculados ao Modelo Afectivo Efectivo, que impulsan a excelencia, a innovación e a humanización, tanto na asistencia, como no ámbito da saúde, así como en todas as súas esferas profesionais e humanas. Á Área Sanitaria de Ourense volve a ser galardoada neste prestixioso premio nacional que son un referente no eido

O proxecto orensán galardoado é o traballo titulado “Plan de acción colaborativo para loitar contra o idadismo” realizado polo Observatorio contra a discriminación do maior da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e a Escola Universitaria de Enfermería de Ourense. Ao acto de entrega do premio acudían Miriam Vázquez Campo, supervisora da Área de Calidade da Área Sanitaria de Ourense e responsable do Observatorio, e María Milagros Fernández Varela, directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense.

O traballo ourensán era distinguido dentro da categoría de “mellor acción de formación, transformación, información e sensibilización en torno á saúde desenvolvida desde o ámbito sanitario” e partía dunha iniciativa do equipo docente da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense e do Observatorio contra a discriminación da área sanitaria. O primeiro premio desta categoría recaía na Universitat Internacional de Catalunya de Barcelona.

 

 

O idadismo

O ageísmo ou idadismo, é a discriminación por razón de idade e está caracterizado en determinados contextos pola súa sutilidade e neses difusos niveis nos que se desenvolve, alcanzan a súa máxima expresión na asistencia sanitaria. O sistema sanitario pode contribuír a perpetuar estas actitudes ageístas ao tratar con persoas maiores.

En estudos recentes, realizados polo propio Observatorio, púidose comprobar como os profesionais sanitarios máis novos son os que presentan actitudes máis ageístas e un maior nivel de crenzas estereotipadas cara aos adultos maiores. Miriam Vázquez Campo, que é tamén docente na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense, destaca que o proxecto “ten como obxectivo previr o idadismo e construír un novo modelo de atención sanitaria máis humana e de mellor calidade, e óptase pola formación e sensibilización do alumnado e futuros profesionais sanitarios para mellorar a comunicación e a calidade asistencial do paciente, así como para fomentar unha visión positiva cara ao proceso de envellecemento.

Dentro deste contexto e como prevención a estes prexuízos e condutas, desde a Escola Universitaria de Enfermería quixeron unirse a esta loita contra a discriminación, dentro da formación e sensibilización do alumnado e futuros profesionais sanitarios incluíndo dentro do seu itinerario formativo seminarios e dinámicas sobre a “A prevención e bo trato cara aos adultos maiores”.

Tres obradoiros no proxecto

Os talleres contra a discriminación do maior e a promoción do bo trato ao adulto maior inclúen 3 dinámicas:

1. Dinámica: “Fiscais e avogados”: Divídese a cada clase en 12 grupos ( 6 de fiscais e 6 de avogados). Cada grupo traballa nunha serie de estereotipos comúns sobre a vejezLos/as fiscais deben preparar acusacións tentando demostrar que o estereotipo é certo e os/as avogados/as deben defender que non é certo.

2. Diálogo e debate sobre o idadismo: Para esta actividade síguese como orientación o documento da OMS “Iniciar un conversación sobre o idadismo”. O diálogo é unha forma moi eficaz de comprometerse coas cousas que nos importan. Un diálogo permanente e aberto pode axudarnos a recoñecer os mitos e estereotipos que todos habemos interiorizado ao longo da vida, a recoñecer os casos de idadismo e a comprender que acabar coa discriminación require da acción colectiva.

O primeiro paso para crecer sanamente a calquera idade e para que as comunidades poidan aproveitar o potencial de todos os seus membros é cuestionar os supostos e as actitudes. O diálogo tamén fomenta o tipo de transformacións persoais e políticas necesarias para crear un mundo no que teñan cabida todas as idades.

3. Encontro interxeracional: Unha fase posterior dedícase a un encontro interxeracional cos alumnos e un grupo de maiores voluntarios. A idea deste encontro é que todos compartan vivencias de vida, obxectivos, plans de futuro, experiencias discriminatorias por razón de idade, non só no contexto sanitario, senón tamén no laboral, publicidade, e sociedade en xeral.

Back to top button