ConcellosÚltima horaVilamartín

Un sorteo de Nadal moi especial, na Residencia Virxe dos Milagres de Valdegodos (Vilamartín)

 

Nestas datas festivas a Residencia Virxe dos Milagres de Valdegodos (Vilamartín de Valdeorras) organizaba unha actividade moi especial para os seus residentes, na que moitos deles estaban acompañados por familiares. Así na mañá do 24 de decembro organizábase un sorteo de Nadal cunha serie de premios e agasallos.

 

 

Xusto cando se estaba realizando o sorteo por parte de persoal da residencia, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitaba este centro, acompañada polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e por membros da Fundación Valdegodos, entre eles o seu presidente, Miguel Blanco.

E, ademais de saudar aos usuarios  do centro e aos seus familiares, participaba no acto de entrega de premios.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button