CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Un sortilexio castrexo decide o resultado da loita de gladiadores en Qui-Roma

Era un dos actos máis concorridos do programa da IX Festa Castrexo Romana de Quiroga

 

Era un dos momentos máis agardados da IX Festa Castrexo Romana Qui-Roma, que se desenvolvía ao longo da xornada do 17 de agosto na vila lucense de Quiroga. Tras participar no desfile Arde Loucos, os gladiadores chegaban arredor das 21h. ao anfiteatro da praza do Auditorium, xa ateigado de público.

 

 

Comezaba entón o espectáculo do combate de gladiadores, na que se medían loitadores castrexos e qui-romanos. Malia que nun primeiro momento eran os romanos os que se facían coa vitoria, cunha traizón incluída, finalmente a intervención dos dos feiticeiros castrexos dáballe a volta ao resultado e, ademais, a celebración concluía cun novo e xove rei para Qui-Roma.

 

 

O programa de Qui-Roma continuaba despois co cenonium, unha paellada no mesmo entorno do auditorio e con música ata a madrugada.

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

 

Back to top button