EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un total de 41 viños da D.O. Valdeorras, na Experiencia Verema Madrid

 

A Denominación de Orixe Valdeorras volve de Madrid “con moi boas sensacións” trala súa participación  este luns día 23 de marzo na Experiencia Verema, un evento ao que acudiu cun total de 41 referencias de viño, de 22 adegas diferentes amparadas por este Consello Regulador. Delas, 30 de branco e as restantes 11, de tinto.

En xeral, “a asistencia pagou a pena porque tivemos moi bo aforo, con moitas visitas sobre todo de sumilleres profesionais, que foron os máis numerosos e interesados, pero tamén de distribuidores e responsables de cadeas hoteleras”, indica o director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira.

 

 

A diferenza do anterior evento de Verema celebrado en Valencia, “este ofreceu un formato moi áxil centrado na promoción dos viños, sen actividades paralelas”, o que fixo “centrar a atención do visitante na cata de produtos nos que estaba interesado, co tempo adicado exclusivamente a iso”, apunta Mazaira.

O Hotel Palace foi o escenario escollido pola maior comunidade online de fala hispana enfocada no mundo do viño, a gastronomía e o enoturismo, para a celebración da súa XXV Experiencia Verema Madrid.

 

Back to top button