En portadaÚltima hora

Un total de 874 persoas inscríbense na VIII Andaina e Carreira de Vilamartín contra o cancro de páncreas

Esta cita solidaria terá lugar o vindeiro domingo 23 de novembro con saída dende o pavillón Luis Nogueira

Membros da organización da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, nunha edición anterior da proba./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación cancro de Páncreas de Valdeorras, organizadora da VIII Andaina e Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas que se celebrará o vindeiro domingo 23 de novembro en Vilamartín vén de pechar as inscricións cun total de 874 persoas anotadas nas diferentes modalidades.

Ademais, dende esta entidade infórmase dos horarios e recollida de dorsais dos participantes no pavillón Luis Nogueira de Vilamartín:
– O sábado 22 de novembro de 12:00 h. a 17:00 h.
– O domingo 23 de novembro de 08.30 h. a 10.00 h.

Ademais matizan que “o sábado 22 só será para a recollida de dorsais,  NON se realizan inscricións”.

INSCRICIÓN ÚLTIMA HORA:
– Domingo 23 de novembro ata 30 minutos antes do comezo da proba.
– LUGAR: PAVILLÓN DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Tamén explica Acapavl que o “Dorsal 0 continúa aberto na plataforma para aquelas persoas que queiran facer a súa contribución ao financiamento das becas de investigación contra do Cancro de Páncreas”.

Máis información www.carreracancerpancreas.es

 

Back to top button