CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Un traballo do IES Carlos Casares de Viana sobre os glaciares acada o 1º posto nos Premios Educativos Innovagal 2025

 

No IES Carlos Casares de Viana do Bolo están de noraboa. Na xornada deste martes 27 de xaneiro, recibían a nova de que o centro acadou o 1º posto nos Premios Educativos Innovagal correspondentes ao ano 2025 na categoría B (centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas).

“O traballo sobre os glaciares, no que participou unha altísima porcentaxe dos docentes do Claustro logrou o máis grande recoñecemento e un premio económico de 10.000 euros”, aseguran dende o centro, contentos como comunidade educativa, felicitando “a todo o profesorado participante, e moi especialmente a Ovidio Villar, coordinador do proxecto e artífice, sen dúbida, deste éxito do centro”, din, dando as grazas a todos os que o fixeron posible xa que “este fito danos azos para seguir traballando pola innovación e a inclusión, que han de ser piares básicos da escola pública”.

O segundo premio, de forma compartida era para o IES Taboada Chivite de Verín e para o IES Ribeira do Louro do Porriño (Pontevedra); e o terceiro para o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui (Pontevedra).

Vídeo cedido.

Back to top button