ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Un tramo do Camiño de Inverno no Barco, cuberto polas augas na desembocadura do Mariñán no Sil

 

Coas persistentes chuvias o río Mariñán ten incrementado notablemente o seu caudal e isto apréciase de xeito especial no punto no que desemboca no río Sil, ao final do Paseo do Malecón do Barco. Nese punto, onde se xuntan os dous cursos, as augas cubriron parte dun tramo do Camiño de Inverno, xusto ao rematar o Malecón.

O acceso ao mesmo, pola unha pasarela de madeira, está pechado e encintado.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button