A cativada que, acompañada polas súas nais e pais, se achegaba esta tarde polo establecemento eXclusivo atopábase non só con caramelos, senón que o seu “Truco ou Trato” estaba protagonizado por dous personaxes propios do Halloween unha monxa nun cadaleito e a nena do exorcista. Ambos interaccionaban con moito humor e algún que outro susto cos visitantes e facíanse fotos con eles.
Fotos: O SIL.