
Arredor das 12 horas deste mércores 2 de xullo, unha persoa sufría unha caída na beirarrúa da rúa Ourense, na vila da Rúa, ata onde acudía Protección Civil desta localidade e unha ambulancia do 061 que atendía e trasladaba ao veciño ata o Hospital Público Valdeorras, no Barco.