Dende o Toural ata a rúa das Mazairas. Unha vibrante, colorista e engaiolante comitiva de enmascarados percorría a partir das 17h. do 21 de marzo as rúas de Viana do Bolo. A vila deixábase volver pola ritualidade de medio cento de mascaradas de inverno chegadas dende diferentes partes da Península Ibérica nun multitudinario desfile que constituía o acto central do XI Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask.
Case mil persoas participaban nel achegando algunhas das mascaradas máis singulares dos Entroidos galegos, pero tamén doutras festas de inverno de comunidades como Castela e León, Asturias, Castela A-Mancha, Estremadura, o País Vasco e mesmo do nordeste de Portugal.

Os Boteiros de Viana do Bolo, coas súas características carreiras abrían esta serpe de rituais, acompañados polo fulión e tamén pola Mula couceadora e polo Maragato. A partir de aí viñan diversas mascaradas nun intenso e longo desfile que concluía pasadas as oito da tarde na praza Maior. Pechábano os Xenerais da Ulla coas loitas dialécticas e satíricas en verso: os atranques.
Ao longo do percorrido do desfile numerosos voluntarios colaboraban para que todo funciónase e tamén se contaba cun operativo de segurido do que formaban parte, ademais da Policía Local de Viana, as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Viana, A Gudiña, Vilariño de Conso, A Veiga e Manzaneda, ademais do GES da Veiga.
As mascaradas participantes na ViBoMask son as seguintes:
ESPAÑA
A CORUÑA
Entroido de Samede (San Mamede, Paderne)
Xenerais da Ulla (Concellos da comarca da Ulla)
LUGO
Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada)
Oso, criados, madamas e danzantes (Salcedo, Pobra do Brollón)
OURENSE
Bonitas (Sande, Cartelle)
Cabreiros (Muíños)
Cigarróns (Verín)
Entrudio da Veiga: charrelos, zamarreiro, home de Prada,
vellas, boi e a morte de Valdin
Felos (Maceda)
Felos e madamas (Esgos)
Follateiros (Lobios)
Fulión e mázcaras de Buxán (Buxón, O Bolo) Fulión e mázcaras da Mourela pra acá (aldeos de Manzonada) Fulión, boteiros e mula de Viana do Bolo (Viana do Bolo) Fulión e boteiros de Vilariño de Conso e aldeas (Vilorito de Conso):
Galos (San Pedro da Mezquita, A Merca) Labardeiros e señoritas (Mugares, Toén)
Madamitas e madamitos (Entrimo) Mázcaras (A Xironda, Cualedro)
Pantallas (Xinzo de Limia)
Peliqueiros, parranfóns e vaca do entruido (Campobecerros, Castrela do Val)
Toro e xigante (Celavente, O Bolo)
Troteiros (Bande)
Vellarróns (Riós)
PONTEVEDRA
Currumiños (Mos)
Madamas e galáns (Cobres, Vilaboa)
Merdeiros (Vigo)
ASTURIAS
Sidros y Comedies (Valdesoto)
CANTABRIA
Zamarrones de Los Carabeos (Valdeprado del Río)
CASTELA E LEÓN
Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora)
La Obisparra (Pobladura de Aliste, Zamora)
Mázcaras e madamas (Pombriego, León)
Toros y guirrios (Velilla de la Reina, León)
Zangarrón (Montamarta, Zamora)
Zarramaches (Casavieja, Avila)
CASTELA – A MANCHA
Diablos e mascaritas (Luzón, Guadalaxara)
ESTREMADURA
Carantoñas (Acehúche, Cáceres)
Jarramplas (Piornal, Cáceres)
PAÍS VASCO
Carnaval de Abanto (Abanto, Biscaia)
Joaldunak (Ortuella, Biscaia)
PORTUGAL
BRAGANÇA
Bielha, bailador e bailadeira (Vila Chã de Braciosa, Miranda do Douro)
Caretos de Arcas (Arcas, Macedo de Cavaleiros) Caretos de Parada (Parada de Infanções, Braganza)
VIANA DO CASTELO
Farrangalheiros (Castro Laboreiro, Melgaço)
VISEU
Caretos (Lazarim, Lamego)
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

