Logo dunha intensa andaina, con marcadas subidas pero compensadas con fermosas vistas do Barco, os participantes na XX Andaina de Outono no Barco recobraban forzas cun saboroso xantar a base de arroz con botelo, un menú que xa é tradicional nesta proba. A comida, que poñía fin a este evento deportivo, desenvolvíase no pavillón de Calabagueiros.
Fotos cedidas.