
Unha ducia de persoas participaban na andaina “Temos un Camiño: décimo aniversario da oficialización do Camiño de Inverno”, que se iniciaba pasadas as 10:30h. da mañá do 16 de maio xunto á Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, nesta vila.
Tras visitar as instalacións desta adega, todo un referente dentro da D.O. Valdeorras, os participantes seguían a ruta do Camiño de Inverno que pasa, entre outros puntos, pola zona vella da vila e tamén polo Paseo do Malecón, continuando por outros puntos do municipio. No percorrido realizábanse diferentes paradas explicativas.