A MezquitaConcellosÚltima hora

Unha colisión entre dous camións bloqueaba a A-52 en sentido Ourense, ao paso pola Mezquita

 

Na tardiña do luns 13 de xullo producíase unha colisión entre dous camións que deixaba bloqueada a A-52 en sentido Ourense, ao paso pola Mezquita.

“Por fortuna, só houbo unha persoa ferida, que solicitou a alta voluntaria no mesmo lugar dos feitos”, indican dende o 112 Galicia, explicando que no sinistro estiveron implicados dous camións, un deles de transporte de mercadorías perigosas “en embargo, non se rexistraron danos na carga”.  Iso si, “as retencións foron notables pois só quedou un carril habilitado para o paso de vehículos”, din, indicando qeu os axentes da Garda Civil de Tráfico estableceron un paso alternativo pola N-525, sendo esta mañá cando a vía quedou completamente despexada e habilitada para a circulación.

Atropelo en Taboadela

Tamén na provincia de Ourense, no concello de Taboadela, o 112 Galicia anotou outro accidente, neste caso un atropelo, que rematou cunha persoa ferida.

“Sucedeu pasadas as nove da noite de onte na OU-320, onde un coche se saíu da estrada e bateu contra unha persoa e unha árbore. Como consecuencia do impacto, a persoa atropelada quedou sobre o capó do coche”, explican, engadindo que para atender á ferida, desde o 112 Galicia, solicitaban a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiña constancia do suceso e un equipo en marcha. “Igualmente, foron informados os Bombeiros de San Cibrao e os axentes da Garda Civil de Tráfico”, conclúen.

Back to top button