
O martes 2 de decembro, ás 19 horas, no salón de actos do Colexio Médico de Ourense, inaugurarase o Programa Formativo 2025-2026 coa conferencia “Ser médico nun hospital da Gaza devastada”, que será impartida por Raúl Incertis, médico anestesista español e cooperante da OMS na franxa de Gaza, nos peores momentos dos bombardeos e ataques do exército de Israel.
“Desde o profundo agradecemento, como membros da profesión médica, polo seu traballo na asistencia sanitaria á poboación palestina, defendendo a saúde como un dereito humano fundamental e asumindo o alto risco persoal que iso supuxo, é para nós unha honra e un orgullo contar coa súa presenza e co testemuño da súa experiencia nun contexto tan difícil, tanto a súa persoal como a dos sanitarios de calquera nacionalidade que, a día de hoxe, traballan en Gaza, en Sudán e noutros escenarios de agresión armada e emerxencia humanitaria”, explican dende o Colexio Médico de Ourense.
Así mesmo, este órganoa colexial entende que “os ataques aos dispositivos sanitarios son un crime que debe ser condenado pola comunidade internacional e as súas instancias xudiciais”.