O seu tamaño é realmente asombroso. O “gran pavón nocturno” (Saturnia Pyri) está considerado o maior lepidóptero do continente europeo e mesmo o maior insecto, cunha envergadura alar de entre 11 e 14,5 cm. Esta asombrosa mariposa nocturna podía verse nestes días no Barco.
Esta bolboreta ten hábitos nocturnos e os seus ocelos, eses círculos con forma de ollos que ten sobre as ás, semellan os ollos dun bufo.
Fotos: A.R.