A XIII Carreira Chandrexa Trail 2025, que reunía a uns 800 participantes, contaba cun operativo de seguridade no que participaban unha decena de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense: as do Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, O Bolo, Manzaneda, Trives, San Xoán de Río, Coles, Parada de Sil e Chandrexa de Queixa.

Ademais do operativo tamén formaban parte a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico e o GREIM da Garda Civil de Trives, así como un servizo de ambulancias e a colaboración de voluntarios da organización.

Este ano este evento deportivo incluía tres competicións: o Campionato de España en liña individual, a segunda proba da Copa de España en liña e o Campionato e 2ª proba da Copa Skyrunner National Series.
Fotos cedidas.
