EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha delegación chinesa-xaponesa aposta por investir nun proxecto piloto en Río

 

A alianza internacional entre China, Xapón, Singapur, Corea do Sur e Galicia inicia a súa andaina baixo o impulso dunha startup afincada na aldea de Castiñeiro, no concello de San Xoán de Río, que representará a España nesta etapa de cooperación entre continentes. O foro, celebrado en Lugo o  10 de outubro, reuniu a empresarios e científicos asiáticos e galegos, logrando preacordos para proxectos conxuntos e o compromiso expreso de promocionar Galicia en Asia. A el tamén asistía o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Este paso constitúe a primera pedra dunha estratexia de impacto internacional contra o despoboamento, con San Xoán de Río e a startup Aldealista posicionándose en innovación social e na promociónde medidas de lonxevidade poboacional.

A startup espertou o interese das delegacións estranxeiras polo seu enfoque sistémico para frear o despoboamento, conectando vivenda, emprego e comunidades rurais en máis dun centenar de aldeas galegos, mediante metodoloxías replicables e impactantes. Tanto a parte chinesa como a xaponesa mostraron a súa disposición a financiar e colaborar na posta en marcha de proxectos pilotos, anticipando un modelo de impacto e transferencia global que busca restaurar vidas, oportunidades e benestar en zonas rurais tradicionalmente abandonadas, comprometéndose, deste xeito, a combater o desequilibrio territorial e o problema dela vivenda.

O foro serviu para sentar as bases de futuras misións e unha axenda internacional que prevé novos encontros para implementar solucións efectivas no territorio español e asiático. Juan Carlos Pérez, responsable de Aldealista, estará na Casa de Galicia en Madrid presentando o proxecto o vindeiro mércores 15, como paso previo á súa presenza como finalista, ao día seguinte, da Impact Social Cup, o maior evento de impacto positivo en España que secelebrará no Madrid Arena.

Fotos cedidas.

Back to top button