
Teatro, música e maxia. Unha ducia de espectáculos poderán verse no segundo semestre do ano sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco, tal e como se vén de facer público. Tras a peza “Bulebule”, que se representaba o 15 de setembro, e incluída no programa das Festas do Cristo, a vindeira cita será o día 11 de outubro ás 20:30h., con “Trash!” de Yllana E Tomm Pak, un espectáculo moi orixinal, con catro protagonistas que utilizan restos do lixo para facer unha música que, a bo seguro, sorprenderá aos espectadores.
O Centro Dramático Galego, o Mago Teto, Teatro de Nigures ou Soledad Felloza son algúns dos nomes incluídos no programa, no que hai títulos tan destacados como “Musical O Rei León”, “O Apalpador” ou “Las Preciosas ridículas”.
O programa pode consultarse aquí