SanidadeÚltima hora

Unha enfermeira ourensá, finalista da terceira edición da bolsa “Na pel da enfermeira”

 

Unha das dúas enfermeiras finalistas na nova edición da bolsa “Na pel da enfermeira”é a ourensá Ánxela Soto Rodríguez, polo traballo “Beneficios dun novo método de desbridamiento guiado por fluorescencia en feridas crónicas. Ensaio clínico aleatorizado”.

Ánxela Soto, que en maio comezará a súa EIR na especialidade de Familiar e Comunitaria, busca no seu traballo mellorar a curación das feridas crónicas e complexas mediante unha ferramenta de desbridamiento mecánico (EZ-Debride) guiada por imaxes de fluorescencia a través do dispositivo MolecuLight. “Existe unha necesidade urxente de ferramentas de diagnóstico innovadoras que xeren información en tempo real sobre o estado bacteriano da ferida e así aplicar tratamentos temperáns e específicos, evitando o atraso de cicatrización con tratamentos inapropiados e ineficaces”, sinala.

Artigos relacionados

Back to top button