
Ribeira Sacra obtivo o premio Best in Show para Don Bernardino, con La Capona Amandi 2019 (100% Mencía) nos Decanter World Wine Awards 2025. Os xuíces destacaron o extraordinario esforzo que hai detrás destes viños, sinalando, tal e como trasladan deste a adega. “Calquera que vise fotografías dos viñedos de granito extraordinariamente escarpados de Ribeira Sacra abrirá esta botella con reverencia: é probable que se elaborou con máis suor, esforzo e músculo que calquera outro veu da nosa selección Best in Show”.
“Amandi, é o máis parecido no mundo á Borgoña, debido á gran diversidade de pequenos viñedos, chans e orientacións; se a isto sumámoslle as pendentes do 80%, convértese na borgoña heroica”, sinalan dende a adega Don Bernardino, que considera que este é un “premio a moitos anos de traballo co obxectivo de situar os viños de Amandi no pódium dos mellores viños do mundo. Emilio Rodríguez comezou hai 13 anos a elaborar o primeiro viño de parcela en Ribeira Sacra, Finca Mezquita 2012. Isto supuxo un antes e un despois para a adega”. Diego Rodríguez, 5ª xeración da adega comenta que o seu avó Bernardino estaría orgulloso de ver todos os avances que se están producindo en Amandi.
Os premios Decanter World Wine Awards son o maior concurso de viños do mundo e con maior influencia. Os 250 expertos máis prestixiosos do entre os que se encuentran Sara Jane Evans, Michael Hill, Ronan Sayburn, Beeth Willard e Andrew Jefford encabezaron o xurado, composto por 250 membros. Os Decanter World Wine Awards gozan de confianza internacional polo seu rigoroso proceso de avaliación mediante cata a cegas.
Na súa 22ª edición, tomaron parte neste proceso, 72 Masters of Wine, 22 Master Sommeliers. Foi a maior cantidade de MW e MS na historia do concurso, completaron o panel recoñecidos críticos, xornalistas, catadores galardoados e compradores de viño que avaliaron 21.244 viños provenientes de 57 paises en modalidade de cata a cegas.
Outorgáronse 50 medallas Best in Show (que representan tan só o 0,30 % de todos os viños catados), xunto con 137 medallas de Platino e 732 de Ouro.
España continuou o seu versátil ascenso, logrando a notable cifra de 105 medallas de primeiro nivel, incluíndo cinco Best in Show, 16 Platino e 84 Ouros. Este impresionante palmarés demostrou a diversidade das fortalezas do país en viños xenerosos, tintos, brancos e espumosos.

Don Bernardino conseguiu situar 3 fincas de Amandi por encima dos 90 puntos:
– Melanio La Capitna 2019, na parroquia de Doade conseguiu os 90 puntos, Diego Rodríguez comenta que probablemente sexa a zona máis calorosa de produción de viños tintos de Galicia.
– Finca Mezquita 2019 consegue 89 puntos, mérito que xa conseguiu fai dúas edicións. Desde a adega comentan: ”É puro chan de gneiss, o único de Amandi”.
– Vacamulo 2020, que xa fose valorado en 2023 como entre os 100 mellores de España, esta colleita consegue unha puntuación de 92. Unha única viña de granito na zona de Chanteiro (Pinol)
– La Capona 2019 é avaliada como “Best in Show” entre os 50 mellores viños do mundo e entre os 5 nacionais. “É un novo proxecto no que vimos traballando hai uns anos, a leira só produce 1.000 botellas. É o cubito de xeo en Amandi”, comentan Alba Fernández Cid e Diego Rodríguez.
Ademais, outras adegas compañeiras da Ribeira Sacra obtiveron grandes puntuacións. “O noso máis sentido parabén a todos eles, todos estamos a facer un gran traballo”, din dende Don Bernardino.