Unha fractura no dedo dunha man impide a clube Volei Praia Milenio Ourense a opción a medalla no Campionato de España de volei praia. É o caso de Vicente Monfort, que xogaba en parella co seu irmán Javier. A lesión produciuse mentres disputaban cuartos de final.

Pola súa banda, na categoría feminina, Nuria Boza quedouse ás portas das semifinais, a pesar de estrear parella neste torneo.