CulturaGalerías de fotosÚltima hora

Unha mirada ao legado das Irmandades da Fala, no Marcos Valcárcel

O centro cultural ourensán abre as súas portas á exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s”!, que poderá visitarse até o 30 de outubro

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle dende hoxe a exposición “Saúde e Terra, irmá(n)s!”, que mostra unha parte do legado das Irmandades da Fala. A inauguración tivo lugar esta tarde, cun acto que contou coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, do deputado Manuel Doval, do director do propio centro cultural, Francisco González, da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, do secretario da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e do vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Francisco Fariña Busto. Tamén asistiu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o secretario de Política Lingüística, Valentín García.

A mostra recolle un total de 130 pezas prestadas para a ocasión procedentes de máis dunha trintena de institucións e coleccións particulares. Deste xeito, os visitantes atoparanse cun percorrido expositivo que relata a historia das Irmandades a través de dez temas que afondan na súa cerna. Cada un deles desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións, documentos, imaxes e obxectos, así como escoitar gravacións musicais e discursos de persoeiros da época.

Neste senso, Fernández agradeceu á organización dar a coñecer en Ourense a historia das Irmandades da Fala, como líderes que encabezaron “un gran salto na traxectoria do galeguismo e da normalización social e da cultura propias de Galicia”.

A mostra poderá ser visitada até o vindeiro 30 de outubro.

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button