Na tarde deste domingo 22 de marzo producíase un accidente de tráfico no PK 33,5 da OU-533 ao seu paso polo concello do Bolo no que se vían implicados dous vehículos, unha moto e un coche, resultado ferida a motorista.
Tal como explican dende os servizos de emerxencia, o suceso producíase contra as 18:15 horas. “A moto subía adiantando polo carril rápido e parece ser que baixaba un tractor e un coche adiantándoo, sendo aí cando debeu producirse un rasponazo e a moteira foise ao chan”, din, asegurando que foi trasladada ata o Hospital Público Valdeorras.
Ata o lugar do accidente, por riba das Ermitas preto do cruce de Vilaseco, desprazábanse os GES Valdeorras, Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia 061 e Protección Civil do Bolo.
Fotos cedidas.