En portadaÚltima horaVídeos

Unha multitudinaria cabalgata de Reis percorría O Barco

 

A partir das seis da tarde deste 5 de xaneiro as rúas do centro do Barco ían enchéndose de xente. Nenos e maiores agardaban, con gran expectación o paso da cabalgata de Reis. Algúns achegábanse ata a Estación de Autobuses da vila, onde ás seis e media chegaban Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polo seu séquito. Momento que algúns cativos aproveitaban para darlles en persoa as súas cartas.

 

 

Unha vez alí, subíanse a cadansúa carroza para iniciar unha longa e luminosa cabalgata que, tras deixar a estación de autobuses dirixíase á avenida Conde Fenosa, cruzando o centro da vila, en medio dunha multitude, ata a praza do Concello onde tiña lugar a recepción oficial. Durante o traxecto repartían quilos e quilos de caramelos entre as persoas que se ían atopando.

 

 

Para velar pola seguridade durante o percorrido contábase coa colaboración da Policía Local, o GES Valdeorras e Protección Civil do Barco.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

Back to top button