Fieis á cita coa música en directo, na noite do venres 17 de abril os músicaos de AMAVA conquistaban unha vez máis o escenario do Esconditte Inglés da Rúa.
Distintos estilos, técnicas e idades entrelazábanse para crear unha noite “irrepetible e incomparable”, e como para gustos hai cores “houbo baladas románticas como It’s a heartache de Bonnie Taylor, interpretada por Sory á voz e Óscar á guitarra, ou Wish you were here de Pink Floyd da man de María á voz e de novo o polifacético Óscar á guitarra”, aseguran dende AMAVA.
“A nota máis enerxética puxérona sen dúbida os mozos KZ Angels con temazos como Toxicity ou Aerials de System of A Down que fixeron vibrar ao numeroso grupo de seguidores que non pararon de corearlles e aplaudirlles”, declaran dende a asociación, engadindo que con El Patio de Leni colaboraron tanto Moisés, como Óscar ás guitarras, María de Larouco á voz, Iria co saxo e Toño Prada á batería, tamén chamado o metrónomo humano, que fixo unha exhibición entre os timbais”.
Coordinada polo presidente de AMAVA, Ramón Teira, que también tocou a batería con El Patio de Leni foi “unha noite máxica feita por todos e impulsada por Santi e Vero que seguen apostando pola música viva”, din dende asociación agradecendo coma sempre “a todos os implicados pola súa colaboración e ao público pola súa asistencia”, convidándoos a asistir á próxima.

Fotos e vídeos cedidos.