
Unha persoa sufría esta tarde en Ourense un atropelo, por parte dun autobús, na rúa do Progreso da cidade.
“O aviso deullo ao 112 Galicia unha testemuña do sinistro, ocorrido ás catro menos cuarto da tarde. Así, alertouse ao 061, á Policía Local e aos Bombeiros da cidade”, segundo informa o 112 Galicia.
Finalmente, o persoal sanitario confirmou o traslado da persoa ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.