ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Unha persoa é trasladada en helicóptero tras un choque entre 2 vehículos en Viana do Bolo

 

Rozando as 12:25h. deste 10 de xuño tiña lugar un accidente de tráfico no km 1 da estrada OU-0908 en Viana do Bolo. Producíase unha colisión frontolateral entre 2 vehículos. “Inicialmente informábase de que había xente ferida pero non atrapada, igualmente unha vez chegaron os servizos de emerxencias alí si que comprobaron que había unha persoa que non lograba saír do seu vehículo, desta maneira avisouse ao GES da Veiga e tamén ao GES da Gudiña”, segundo informa o 112 Galicia.

Así a persoa dun dos vehículos sinistrados tivo que ser excarcerada, cortando as portas do coche, e foi trasladada no helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense. A outra persoa ferida, do outro vehículo, tamén era trasladada pero en ambulancia para recibir atención sanitaria nun centro de saúde próximo.

Ata o lugar o accidente, ademais dos citados GES e de Urxencias Sanitarias 061, tamén se trasladaban a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Viana do Bolo e a Policía Local.

 

Back to top button