ConcellosO BoloÚltima hora

Unha persoa ferida nun aparatoso accidente en Santa Cruz (O Bolo)

 

Contra as 6:30 horas da madrugada deste domingo 2 de agosto producíase un aparatoso accidente na estrada 533 en Santa Cruz (O Bolo), no que resultaba ferida unha persoa tras saírse da vía o coche que conducía.

Tal como demostran as imaxes, “foi un golpe fuerte pero milagrosamente sen atrapados, xa que o único ocupante saía do vehículo sen necesidade de axuda dos bombeiros”, indican dende os servizos de emerxencia.

Con todo, á parte dos bombeiros do parque comarcal situado na Rúa, tamén acudía ata o punto o GES A Veiga, Protección Civil de O Bolo e urxencias sanitarias 061 que trasladaba ao ferido ata o Hospital Públlico Valdeorras.

Fotos cedidas.

Back to top button