OurenseÚltima hora

Unha persoa perde a vida tras unha colisión entre dous coches no Carballiño

 

Arredor das 13h. deste 28 de maio producíase un accidente de tráfico á altura do quilómetro 22,6 da OU-504, en Seoane de Arcos (O Carballiño). Varios particulares alertaron ao 112 Galicia dun accidente entre dous coches. “Naquel momento, xa explicaban que podía haber varias persoas atrapadas nos vehículos, que acabaron envorcados. Cando chegaron, os medios confirmaron que eran dous os implicados que precisaban ser excarcerados. Un deles estaba en estado moi grave”, segundo informa o 112 Galicia.

Ata o lugar do accidente desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que ademais de ambulancia mobilizou o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense; os Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil do Carballiño, así como os servizos de mantemento da estrada.

Os bombeiros excarceraron dúas persoas. Finalmente, e malia os esforzos, confirmouse o falecemento dunha delas. A outra foi evacuada en ambulancia.

Back to top button