OurenseÚltima hora

Unha persoa queda atrapada no seu vehículo tras saírse da vía e caer por un terraplén en Barbadás

Era rescatada polos equipos de emerxencia consciente, pero ferido, segundo informa o 112 Galicia

 

Contra as 18:20 horas da tarde deste 13 de agosto producíase un accidente de tráfico no concello ourensán de Barbadás, concretamente na Rúa Convento. Alí un coche saíase da vía e caía por un terraplén. O seu condutor quedaba atrapado no interior e precisaba da axuda dos equipos de emerxencias para poder saír.

Deste xeito, desde o 112 Galicia, solicitábase a colaboración dos membros do GES de Pereiro de Aguiar, dos Bombeiros de San Cibrao e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da propia localidade.

“Mediante unha acción conxunta, sacaron a persoa do interior do vehículo para que puidese recibir a asistencia médica necesaria. Para iso, desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que conduciu o ferido ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)”, segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button