
Na mañá deste sábado 20 de xuño producíase un accidente de tráfico en Viana do Bolo, no que resultaba ferida leve unha persoa.
Tal como indican dende o 112 Galicia, contra as 11:10 horas recibían a chamada da Garda Civiil de Tráfico informando de que “recibiran o aviso dunha persoa alertando dun coche que chocara contra o valado, na rúa San Roque á altura do Nº 49, e que había un ferido leve”.
Ata o lugar dos feitos acudía a Policía Local de Viana do Bolo así como unha ambulancia do 061 “que trasladaba ao ferido con danos nun brazo”, din dende o 112.

