
Na tarde deste mércores 18 de novembro producíase un accidente de tráfico na Pobra de Trives cun único vehículo implicado.
Tal como explican dende o 112 Galicia, a saída de vía producíase arredor das 16 horas na avenida Otero Pedrayo, estrada de acceso á vila. Polo que indicaba o particular que chamou a emerxencias “o vehículo foise recto nunha curva levando por diante un banco de pedra”. A consecuencia do impacto “o condutor resultaba ferido tendo que ser atendido polos sanitarios”, aseguran.
Ademais de Urxencias Sanitarias, dende o 112 avisaban á Garda Civil de Tráfico, a GES de Castro Caldelas, a Protección Civil e Policía Local da Pobra de Trives.