ConcellosTrivesÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía no concello da Pobra de Trives

 

Novo accidente de tráfico con feridos na provincia de Ourense, desta volta no municipio da Pobra de Trives. Tal como explican dende o 112 Galicia, pasadas as 17:30 horas deste martes 7 de abril recibían a chamada dun particular informando “de que había unha persoa ferida tras unha saída de vía na estrada que vai de Trives a Manzaneda que era atendida polo persoal do 061”.

Ademais de Urxencias Sanitarias dende o 112 tamén informaban á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Policía Local e GES de Castro Caldelas.

Back to top button