Dende Arnado (Vilamartín de Valdeorras) partía na tarde do 30 de decembro, en torno ás 20:30h., unha singular ruta para despedir o ano e darlle a benvida ao 2026, seguindo a senda da Santa Compaña.

Nela participaban unhas 30 persoas que camiñaban ata Correxais, onde chegaban arredor das dez da noite, e alí tomaban as primeiras uvas valdeorresas para despedir o ano. Doce uvas cada un seguidas dun brinde cunha copa de cava, acompañadas de petiscos do Nadal.
Despois facían o camiño de volta que remataba, novamente, en Arnado.
Fotos cedidas.
