ConcellosManzanedaÚltima hora

Unha sentenza obriga á Mancomunidade Navea-Bibei a facer efectiva a separación do Concello de Manzaneda desa entidade

Exterior do Concello de Manzaneda.

 

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense emitía o pasado 10 de abril unha sentenza en cuxo fallo se estima o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Manzaneda “contra a execución do acordo do Pleno da Mancomunidade do 29 de novembro de 2012, que acordaba a separación efectiva do Concello como integrante” desta entidade. Ademais no seu fallo condea á “administración demandada a cumprir con todas as actuacións legalmente interpostas pola normativa de aplicacións para tal fin (comunicacións, exposición pública, publicacións en diario oficial, acordos plenarios, etc.)”.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación no termo dos 15 días seguintes ao da súa notificación ante á Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Back to top button